Instagram permitíanos estar constantemente subindo contido actualizado e editado seguindo un estilo predefinido, aportándolle máis valor que o simple documento do que está a acontecer. É dicir, convertemos o Instagram do Loro Facu nunha especie de canle de TV do festival. Por unha banda tiñamos as publicacións no muro e en Instagram TV que empregamos para subir os vídeos de maior duración (entrevistas e vídeos resumo) e, pola outra, as historias nas que ir actualizando regularmente o desenrolo das distintas xornadas (os horarios, distribución dos espazos, cambios e avisos, respostas a preguntas, etc.). Esta maneira de cubrir o Loro Facu foi posible grazas a un amplo equipo traballando de forma multidisciplinar e paralelamente (organización, grabación, edición, RR.SS, etc.) cun obxectivo común predefinido.